Actualización de seguranza de Microsoft Word 2010 (KB2345000), edición de 32 bits
Existe unha vulnerabilidade de seguranza en Microsoft Word 2010, edición de 32 bits, que pode permitir que se execute código arbitrario cando se abre un ficheiro modificado de xeito malicioso. Esta actualización resolve esa vulnerabilidade.
Tábhachtach! Má roghnaítear teanga thíos, athróidh sé ábhar iomlán an leathanaigh go dinimiciúil go dtí an teanga sin.
Leagan:
1.0
Dáta Foilsithe:
20/12/2019
Ainm an Chomhaid:
Word2010-kb2345000-fullfile-x86-glb.exe
Méid an Chomhaid:
26.7 MB
Pode obter información específica acerca desta actualización no artigo da base de coñecemento de Microsoft Description of the Security Update for Microsoft Word 2010 (KB2345000), 32-Bit Edition (Descrición da actualización de seguranza de Microsoft Word 2010 (KB2345000), edición de 32 bits.Córais Oibriúcháin Tacaithe
Windows 7, Windows Server 2003, Windows Vista, Windows XP
- Esta actualización aplícase ao seguinte produto:
- Microsoft Word 2010, edición de 32 bits
- Versión de Windows Installer compatible: Windows Installer 3.1 ou posterior
- Windows Server 2003 Service Pack 1 inclúe Windows Installer 3.1. Windows Installer 3.1 tamén está dispoñible como descarga independente na seguinte localización:
- Nota: Os informáticos deberán consultar a sección de Recursos para informáticos.
Instrucións de instalación
Se dispón de Microsoft Word 2010, edición de 32 bits, leve a cabo unha das seguintes accións:- Utilice Microsoft Update (recomendado). Microsoft Update consolida as actualizacións fornecidas por Windows Update e Office Update nunha localización e permite seleccionar a entrega e instalación automática de actualizacións de alta prioridade.
- Instale Actualización de seguranza de Microsoft Word 2010 (KB2345000), edición de 32 bits. Para isto, leve a cabo os seguintes pasos:
- Prema no botón Descargar que se atopa na parte superior da páxina para descargar o ficheiro .exe e, a continuación, garde o ficheiro no seu disco ríxido.
- É recomendable pechar os programas que estea a executar.
- No explorador de Windows, prema dúas veces o ficheiro .exe que gardou no disco ríxido e siga as instrucións que aparecen na pantalla.
Recursos para informáticos
Os informáticos que traballan en contornos administrados poden atopar recursos completos para implementar actualizacións de Office nunha organización no Office System Suites and Programs TechCenter.
A descarga desta actualización atópase dispoñible se preme no botón Descargar que se atopa na parte superior da páxina. Pode premer dúas veces no paquete executable para iniciar a instalación ou extraer os ficheiros do parche (ficheiros MSP) mediante unha liña de comandos. A liña de comandos e as instrucións inclúense no artigo da base de coñecemento (197147): Command-Line Switches For IExpress Software Update Packages (Modificadores da liña de comandos para os paquetes de actualización do software IExpress).
Consulte o artigo da base de coñecemento de Microsoft Description of the Security Update for Microsoft Word 2010 (KB2345000), 32-Bit Edition (Descrición da actualización de seguranza de Microsoft Word 2010 (KB2345000), edición de 32 bits para obter máis información acerca desta actualización.