Trace Id is missing

Microsoft® Office Language Accessory Pack: Galego

Microsoft Office Language Accessory Pack: Galego engade ferramentas de verificación, axuda ou para mostrar dependendo do idioma que instales.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

Descargar
  • Versión:

    2016/2019

    Data de publicación:

    11/3/2016

    Nome do ficheiro:

    Office2016_LAP_Readme_gl-es.docx

    Tamaño do ficheiro:

    21.6 KB

    Microsoft Office Language Accessory Pack: Galego engade ferramentas de verificación, axuda ou para mostrar dependendo do idioma que instales.
    Despois de instalar as capacidades e opcións correspondentes de Microsoft Office Language Accessory Pack: Galego estarán dispoñibles nas aplicacións de Office e na aplicación de Preferencias de idioma de Microsoft Office.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 10, Windows 7, Windows 8

      Para obter información sobre os últimos requisitos do sistema mira a ligazónRequisitos do sistema para Office
      Microsoft Windows 8: SO de 32 ou 64 bits
      Microsoft Windows 10: SO de 32 ou 64 bits. (Windows 10 é o único SO compatible para os usuarios de compra de pago único de Office 2019)
      Nota: Asegúrate de instalar os últimos Service Pack do teu sistema operativo para garantir unha compatibilidade óptima para o teu idioma.

    Software Calquera versión independente ou do conxunto de aplicacións de Office 2016 (ou posterior) que conteña Microsoft Excel, Microsoft Lync, Microsoft OneNote, Microsoft Outlook, Microsoft PowerPoint ou Microsoft Word será compatible co Microsoft Office Language Accessory Pack 2016 (ou posterior) - Galego.
    Computador e procesadorProcesador de 1,6 GHz compatible con SSE2 ou superior; 4 GB de RAM, 2 GB de RAM (32 bits) ou superior

    Espazo en discoAdemais do espazo de disco duro usado ao instalar aplicacións de Office,
  • 4 GB de espazo de disco duro dispoñible.

  • Os demais requisitos do sistema son os mesmos que os das aplicacións de Office que usas con Microsoft Office Language Accessory Pack - Galego.


  • Paquete de idioma de interface de WindowsRecoméndase que instales os últimos Paquetes de idioma de interface de Windows para ter compatibilidade de idioma óptima para o teu sistema operativo e as túas aplicacións de software.

    Configuración de resolución de monitor e DPIMoitas fontes creáronse para unha lectura óptima nunha resolución de 1366 x 768. Se tes dificultades lendo a túa fonte de idioma actualiza a túa configuración de pantalla a esta resolución ou unha maior se é necesario. Ten en conta que recomendamos que uses as aplicacións de Office coa configuración DPI de Windows predefinida, 96 DPI. Usar a configuración de 120 DPI pode causar una experiencia de usuario pobre nalgunhas aplicacións de Office ao incrementar o tamaño dos diálogos.

    Opcións de idioma e rexionais Ademais recoméndase que todas asOpcións de idioma e rexionais no Panel de control se establezan para o idioma do Microsoft® Office Language Accessory Pack: Galego

  • Para instalar este Language Accessory Pack:
    1. Descarga o ficheiro de instalador do Language Accessory Pack premendo esta ligazón Descargar o instalador do Language Accessory Pack
    2. Cando acabe a descarga, selecciona Executar.
    3. Segue as instrucións da pantalla para completar a instalación.

    Cambiar a interface de usuario ao idioma do Language Accessory Pack
    Despois de que se instale o Language Accessory Pack, poderás cambiar o idioma de interface a galego nas aplicacións de Office ou na aplicación de Preferencias de idioma de Microsoft Office.

    Para cambiar o idioma de interface de usuario desde Preferencias de idioma:

    1. Inicia Preferencias de idioma de Office.
    2. Na lista Escolle Idiomas de edición, selecciona os teus idiomas de edición e preme o botón Establecer como predefinido.
    3. Na lista Escoller idiomas de axuda e para mostrar, selecciona oIdioma para mostrar e preme o botón Establecer como predefinido.
    4. Preme o botón Aceptar.

    Para cambiar o idioma de interface de usuario desde unha aplicación de Office:

    1. Vai a Ficheiro, Opcións e despois selecciona Idioma.
    2. Na lista Escolle Idiomas de edición, selecciona os teus idiomas de edición e preme o botón Establecer como predefinido.
    3. Na lista Escoller idiomas de axuda e para mostrar, selecciona oIdioma para mostrar e preme o botón Establecer como predefinido.
    4. Preme o botón Aceptar.

    A configuración de idioma que seleccionases aplicaranse a próxima vez que inicies as aplicacións de Office.

    Cambiar o idioma de ortografía
    Microsoft Office Language Accessory Pack: Galego pode incluír ferramentas de corrección no teu idioma. Así podes cambiar o idioma de ortografía para unha selección de texto:

    Excel: Excel usa a configuración de idioma de edición principal de Microsoft Office para determinar o idioma de ortografía principal. Para cambialo, preme Ficheiro e despois preme Opcións. Preme a opción Revisión e escolle un dos idiomas dispoñibles da listaIdioma de dicionario.

    Outlook, PowerPoint, Word e OneNote: Selecciona o texto que queres revisar, preme Revisar, preme o botón Idioma e despois preme a opción Establecer idioma de verificación. Selecciona o idioma desexado do cadro de lista e preme Aceptar.