Trace Id is missing

Paquete de idioma de interface de Windows 7

O Paquete de idioma de interface (LIP) de Windows 7 fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas de Windows 7.

Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.

  • Versión:

    1.0

    Data de publicación:

    31/3/2010

    Nome do ficheiro:

    LIP_gl-ES-32bit.mlc

    LIP_gl-ES-64bit.mlc

    Tamaño do ficheiro:

    2.6 MB

    4.1 MB

    O paquete de idioma de interface de Windows (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas de Windows. Despois de instalar o LIP, o texto do asistente, as caixas de diálogo, os menús e os temas de Axuda e asistencia móstranse no idioma do LIP. O texto que non estea traducido aparecerá no idioma base de Windows 7. Por exemplo, se mercou a versión en español e instalou un LIP para galego, parte do texto permanecerá en español. Pode instalar máis dun LIP sobre un único idioma base. Os LIP de Windows poden instalarse en todas as edicións de Windows 7.
  • Sistemas operativos admitidos

    Windows 7

    • Microsoft Windows 7
    • Instalación do idioma base requirido de Windows 7: Español
    • 4.63 Mb de espazo libre para descarga
    • 15 Mb de espazo libre para a instalación
  • AVISO: Se ten a cifraxe BitLocker activada, suspéndaa antes de instalar o LIP. Abra o panel de control , seleccione Sistema y seguridad e Cifrado de unidad BitLocker . Prema Suspender protección .

    As descargas do paquete de idioma de interface de Windows 7 están dispoñibles nas versións de 32 bits e 64 bits. Para comezar a descarga, escolla que versión de Windows 7 ten instalada:
    Prema o botón Inicio e, a seguir, prema Equipo co botón secundario e seleccione Propiedades . Desta forma pode consultar a información básica acerca do computador.
    Na sección Sistema móstrase se está a executar a versión do sistema operativo de Windows 7 de 32 bits ou de 64 bits

    Escolla algunha das seguintes opcións para instalar a versión de 32 bits:

    1. Prema no botón Descargar e, a continuación, en Abrir para instalar o LIP


    2. ou

    3. Prema no botón Descargar e, a continuación:
      • Prema en Gardar para copiar o ficheiro no computador.
      • Navegue ata o ficheiro que descargou e prema dúas veces nel para instalar o LIP.

    Utilice a segunda opción para instalar a versión de 64 bits.