Actualización de seguranza para Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449)
Existe unha vulnerabilidade de seguranza en Microsoft Office Web Apps 2010 que pode permitir que se execute código arbitrario cando se abre un ficheiro modificado de xeito malicioso. Esta actualización resolve esa vulnerabilidade.
Importante! A selección dun dos seguintes idiomas cambiará de forma dinámica o contido completo da páxina a ese idioma.
Versión:
1.0
Data de publicación:
20/12/2019
Nome do ficheiro:
webapps-kb2566449-fullfile-x64-glb.exe
Tamaño do ficheiro:
130.4 MB
Pode obter información específica acerca desta actualización no artigo da base de coñecemento de Microsoft Knowledge Base Security Update for Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449) (Actualización de seguranza de Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449)).Sistemas operativos admitidos
Windows Server 2003, Windows Server 2008
- Esta actualización aplícase ao seguinte produto:
- Microsoft Office Web Apps 2010
- Versión de Windows Installer compatible: Windows Installer 3.1 ou posterior
- Windows Server 2003 Service Pack 1 inclúe Windows Installer 3.1. Windows Installer 3.1 tamén está dispoñible como descarga independente na seguinte localización:
- Nota: Os informáticos deberán consultar a sección de Recursos para informáticos.
Instrucións de instalación
Se dispón de Microsoft Office Web Apps 2010, leve a cabo unha das seguintes accións:- Utilice Microsoft Update (recomendado). Microsoft Update consolida as actualizacións fornecidas por Windows Update e Office Update nunha localización e permite seleccionar a entrega e instalación automática de actualizacións de alta prioridade.
- Instale Actualización de seguranza de Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449). Para isto, leve a cabo os seguintes pasos:
- Prema no botón Descargar que se atopa na parte superior da páxina para descargar o ficheiro .exe e, a continuación, garde o ficheiro no seu disco ríxido.
- É recomendable pechar os programas que estea a executar.
- No explorador de Windows, prema dúas veces o ficheiro .exe que gardou no disco ríxido e siga as instrucións que aparecen na pantalla.
Recursos para informáticos
Os informáticos que traballan en contornos administrados poden atopar recursos completos para implementar actualizacións de Office nunha organización no Office Office System Suites and Programs TechCenter.
A descarga desta actualización atópase dispoñible se preme no botón Descargar que se atopa na parte superior da páxina. Pode premer dúas veces no paquete executable para iniciar a instalación ou extraer os ficheiros do parche (ficheiros MSP) mediante unha liña de comandos. A liña de comandos e as instrucións inclúense no artigo da base de coñecemento Command line switches for Microsoft Self-Extractor packages (KB912203) (Modificadores da liña de comandos para os paquetes autoextractores de Microsoft (KB912203)).
Consulte o artigo da base de coñecemento de Microsoft Description of the Security Update for Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449) (Descrición da actualización de seguranza de Microsoft Office Web Apps 2010 (KB2566449)) para obter máis información acerca desta actualización.